PROXECTOGARUM APOSTA POLAS REDES SOCIAIS

No Tags | Uncategorized | No hay comentarios en PROXECTOGARUM APOSTA POLAS REDES SOCIAIS

Somos un bar … un bar con cervexas, viños e tapas, de xente que ven, que fala, que ri, que discute … e incluso algún ata volta

Somos un bar, …, con paixón polos viños da nosa terra, polas nosas D.O.s, apostando por adegas novas que comezan, por viños ben elaborados…

Somos un bar, … pero cunha marcada idea gastronómica, pratos de toda a vida, tradicionais, de acotío e sinxelos, cun aceno moderno e contemporáneo.

Ese aceno ao moderno o aplicamos tamén no xeito de achegarnos a ti, de promocionar o noso catering, os nosos obradoiros, o noso local. Fixemos unha aposta forte polas redes sociais, porque sabemos que é o mellor xeito de facer chegar as nosas ideas de “honestidade e diversión” ao maior número de persoas.

redes sociais

Na actualidade estamos a diversificar a nosas presenza nas redes sociais, e podes atoparnos en Facebook Twitter, Pinterest, Youtube, Instagrant, Tumblr, e por suposto a nosa web ProxectoGarum.com, cunha estratexia ben definida para cada unha delas

En Tumblr amosamos a nosa faciana máis íntima, reflexionamos sobre nós e sobre o noso entorno.

En Youtube amosamos as nosas creacións, as elaboracións de certos pratos de ideas …

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e nós en Pinterest Instagram te amosamos o ProxectoGarum en mil imaxes.

En Twitter charlamos e interactuamos con todo aquel que queira escoitarnos, con todos os que queirades comentarnos algo, que queirades aportar a vosa visión da gastronomía e do mundo en xeral.

En Facebook pretendemos espallar este concepto de proxectogarum o máis lonxe posible, e chegar ao maior número de seareiros e amantes da cociña, o viño, … e de todo aquilo que supón unha inquedanza para nós.

E por suposto na nosa web ProxectoGarum, onde resumimos todo o mundo garum, a nosa carta, o catering, os obradoiros de AulaGarum 360º e todo aquilo que representa ProxectoGarum.

Somos un bar … pero un bar en constante evolución, o noso equipo é un equipo xoven e dinámico, e ese dinamismo o aproveitamos nas redes sociais para potenciar a nosa presenza e mellorar a nosa atención. Seguro que seguiremos crecendo e investigando novas oportunidades que nos amosen as redes sociais …. E confiamos que ti esteas na outra beira para conversar, disfrutar e soñar con nós. Grazas

Somos un bar … somos proxectogarum e nos gustan as redes sociais porque nos gusta estar preto de ti


No Comments

Leave a comment